Páginas

viernes, 9 de marzo de 2012

A discapacidade pode custar o 77,2% da renda do fogar


Por primeira vez, un equipo de investigadores estimou os custos e o impacto da discapacidade sobre a economía das persoas que a teñen en España. Segundo estes datos, o 90% da poboación con discapacidade grave está nunha situación de pobreza moderada, e o 56% na extrema.
“O noso estudo mostra, cunha metodoloxía contrastada e comparable, o altos que son os custos da dependencia e o moito que contribúen a aumentar a pobreza”, explica Francisco Javier Braña Pino, investigador da Universidade de Salamanca e autor dun recente traballo que analiza a relación entre discapacidade e precariedade económica en España.
Segundo o informe, o custo da discapacidade moderada –cando a limitación da actividade diaria é parcial– está en torno ao 40% da renda do fogar, mentres que no caso de persoas con discapacidade severa, o custo pode elevarse ao 70%.
Braña afirma que "a poboación con discapacidade presenta unha incidencia, intensidade e severidade da pobreza substancialmente maiores que a media nacional”.
Os estudos anteriores mostran que, en todos os países, a discapacidade é unha das causas destacadas da pobreza. “Por unha parte as persoas discapacitadas perden renda, por non conseguir emprego ou por ser este de peor calidade”, sinala Braña. “Pero, por outra parte, dado que teñen necesidades especiais, teñen máis dificultades para obter benestar dos seus recursos ou poden necesitar de maiores ingresos para realizar a mesma actividade”.
Existen uns gastos extra asociados á discapacidade que proveñen da maior necesidade de bens que tamén consumen as persoas non discapacitadas (como a calefacción), os bens específicos relacionados coa súa discapacidade (produtos farmacéuticos, axudas técnicas, asistencia persoal,...) e a menor produtividade dos bens consumidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario